Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24252

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (574/2015).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal sobre alimentos número 584/2015 seguido por instancia de Carlos Daniel Agulla González fronte a Carlos-Manuel Agulla Rodríguez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 4 de marzo de 2016.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo verbal sobre alimentos entre parentes co número 574/2015, promovidos por Carlos Daniel Agulla González, representado pola procuradora Sra. Trabazo Cabaleiro e asistido do letrado Sr. Sotelo Veloso; contra Carlos Manuel Agulla Rodríguez, en situación procesual de rebeldía (…).

(…) Resolvo.

Estimando parcialmente la demanda promovida por la representación de Carlos Daniel Agulla González contra Carlos Manuel Agulla Rodríguez, debo condenar e condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de 100 euros mensuais, en concepto de pensión alimenticia, na conta que para o efecto designe o demandante; cantidade mensual que se devindica desde xullo de 2015 inclusive e por período de dous anos.

Desestímase o resto de pedimentos deducidos, dos que se absolve o demandado.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acordo, mando e asino».

E, encontrándose este demandado, Carlos-Manuel Agulla Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza