Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (410/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 410/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Constantino Torres Gago, Roberto Carlos Varela Moreira contra a empresa Eshovet PO-CA, S.L., Unión Vending Cádiz, S.L. se ditou sentenza cuxa decisión é o que segue: estimando a demanda interposta por Roberto Carlos Varela Moreira e Constantino Torres Gago fronte a Eshovet PO-CA, S.L. e Unión Vending Cádiz, S.L, condeno a demandada Eshovet PO-CA, S.L. a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

A Roberto Carlos Varela Moreira: 1.008,85 euros.

A Constantino Torres Gago: 2.294,46 euros.

En ambos os casos co 10% de xuro por mora ex artigo 29.3 do ET.

Tense por desistida a demandante da pretensión deducida fronte a Unión Vending Cádiz, S.L.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «depósitos e consignacións», co número 5081 especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado, na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eshovet PO-CA, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza