Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 36/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 36/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 20 de maio de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño.

Non procede despachar a execución solicitada por estar a entidade executada Forjas de Santiago, S.L. en situación de concurso, ao corresponder a competencia ao xuíz do concurso, é dicir, ao Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LPL).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a Letrada da Administación de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Forjas de Santiago, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza