Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (EPA 277/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 277/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Quintela Fraga contra a empresa Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C. e o INSS, sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decretos con data do 18 de maio de 2016, cuxas partes dispositiva son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo:

Restablecer a presente execución conforme solicita Eva Quintela Fraga nos escritos presentados, que queda en poder de SSª para os efectos oportunos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Transformar o procedemento de execución parcial 277/2013 no procedemento de execución definitiva 277/2013.

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Eva Quintela Fraga, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), parte executada, de 386,85 euros en concepto de principal, máis outros 85,04 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza»

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Requirir o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) para que, no prazo dun mes, cumpra a sentenza e aboe a Eva Quintela Fraga a suma de 386,85 euros de principal, máis 82,04 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, ingresándoos na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 0049 3569 9200 0500 1274, concepto transferencia 5076 0000 64 0277 13, co apercibimento de que, de non o facer, se citarán as partes desta execución a unha comparecencia onde se poderán decidir as medidas necesarias para lograr a efectividade do mandado.

Ponse en coñecemento da Administración requirida que a devindicación e os xuros procederán conforme o disposto na lexislación orzamentaria, ben que, no suposto de que sexa necesario un ulterior requirimento, se poderá apreciar a falta de dilixencia no cumprimento e incrementarse, en tal caso, en dous puntos o xuro legal que se devindique.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L. e Savianco, S.C., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza