Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (331/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 331/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Espiñeira de la Fuente, Ana María Rodríguez Montes, María Josefa Fernández Vieites, Susana Fernández Calvelo, contra Stear, S.A., Belogatex, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron María Ángeles Espiñeira de la Fuente, Ana María Rodríguez Montes, María Josefa Fernández Vieites, Susana Fernández Calvelo, contra as entidades Stear, S.A. e Belogatex, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Stear, S.A. e Belogatex, S.L.U. a que aboen ás demandantes as seguintes cantidades, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

Susana Fernández Calvelo, a cantidade de 930,53 €.

María Josefa Fernández Vieites, a cantidade de 1.323,24 €.

María Ángeles Espiñeira de la Fuente, a cantidade de 687,51 €.

E Ana María Rodríguez Montes, a cantidade de 787,45 €.

E debo condenar e condeno a entidade Belogatex, S.L.U. a que aboe ás demandantes as seguintes cantidades, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

Susana Fernández Calvelo, a cantidade de 1.314,52 €.

María Josefa Fernández Vieites, a cantidade de 927 €.

María Ángeles Espiñeira de la Fuente, a cantidade de 1.764,76 €.

E Ana María Rodríguez Montes, a cantidade de 1.764,76 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Belogatex, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza