Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (916/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 916/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Mato Forján contra Tracerox, S.L. sobre despedimento, se ditou resolución do 11.3.2016 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Tracerox, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza