Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23472

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (187/2015).

Procedemento de orixe:

Sobre outras materias

Demandante: Beatriz Pintos Moreu

Procuradora: María Rita Goimil Martínez

Avogada: María Isabel Ramos Boo

Demandado: José María Suárez Núñez

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Beatriz Pintos Moreu fronte a José María Suárez Núñez ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por Beatriz Pintos Moreu, representada pola Sra. Goimil Martínez, contra José María Suárez Núñez, en situación de rebeldía procesual, e condeno o demandado aos seguintes pronunciamentos:

1º. A aboar á demandante a cantidade de 77.819,40 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (o 10 de marzo de 2015).

2º. A aboar á demandante as cotas posteriores á demanda que aboe esta para a cancelación do préstamo consumo preconcedido 0030 6045 17 0003185143, máis os xuros legais desde os respectivos aboamentos.

Todo iso con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes ao que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a previa constitución de depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado e deberase xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estima total ou parcialmente, restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E, encontrándose este demandado, José María Suárez Núñez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

O letrado da Administración de xustiza