Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (DSP 880/15).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 880/2015 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña, foi ditada resolución do 29 de febreiro de 2016, dirixida a José Pena Mira e El Criollo 1969, S.L., contral a cal se poden interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Pena Mira e El Criollo 1969, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza