Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23470

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 653/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 653/2015 desta sección, seguido por instancia de José Guisande González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grisvila, S.L., Blockgándara, S.L., Marcelino Martínez Madrid, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Granitos Rúa, S.A., Degonvaz, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada con data do 18 de maio de 2016 a seguinte resolución:

«O anterior escrito presentado con data do 16 de maio de 2015 polo letrado Luis Esteban Leyenda Martínez, en nome e representación de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala, e acreditando a representación da parte se non constar previamente nas actuacións.

Emprácense Blockgándara, S.L. e Grisvila, S.L. a través do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Blockgándara, S.L. e a Grisvila, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza