Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22405

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (532/2014).

Divorcio contencioso (DCT) 532/2014

Procedemento de orixe: sobre divorcio contencioso

Demandante: Jhon Freddy Toro Roa

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea

Avogada: María Jesús Rico Infante

Demandada: Luisa Fernanda Galán González

No procedemento de referencia ditáronse sentenza e auto de aclaración desta, do teor literal seguinte:

«Divorcio contencioso 532/2014

Sentenza: 75/2015

Ferrol, seis de marzo de dous mil quince

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, despois de ver os autos correspondentes ao xuízo de divorcio contencioso promovido polo procurador Sr. Rubín Barrenechea, na representación de Jhon Freddy Toro Roa baixo a dirección letrada de María Jesús Rico contra Luisa Fernanda Galán González, en rebeldía procesual, dita a presente sobre a base dos seguintes

Decisión:

Que estimando integramente a demanda promovida polo procurador Sr. Rubín Barrenechea na representación de Jhon Freddy Toro Roa contra Luisa Fernanda Galán González, en rebeldía procesual, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polas partes, con todos os efectos inherentes á anterior declaración; expídase comunicación ao Rexistro Civil de Ferrol.

Procede a condena en custas da parte demandada.

Notifíqueselles ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra esta cabe recurso de apelación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Auto

Xuíza/maxistrada: Ana María Barral Picado.

Ferrol, trinta de marzo de dous mil quince

Parte dispositiva

Acordo:

Corrixir a sentenza ditada nos presentes autos nos termos seguintes:

No antecedente de feito primeiro, debe suprimirse a mención que se contén nel a Mónica del Barrio e José Nieto Serrano.

No antecedente de feito terceiro, debe suprimirse a mención ao Ministerio Fiscal e calquera solicitude que tiver formulado este.

No fundamento de dereito segundo, debe suprimirse a mención á petición do Ministerio Público con relación a unha filla menor.

Modo de impugnacion: contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución que aquí se aclara/xunta.

Así o acorda e asina a súa señoría; dou fe.

A maxistrada xuíza O/a secretario/a xudicial»

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada rebelde, Luisa Fernanda Galán González, expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ferrol, 31 de xullo de 2015

O/a secretario/a xudicial