Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 41/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 41/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celso Franco Pérez contra Rafael Saenz de Heredia Area, sobre despedimento, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza nº 44/16 ditada o 12.2.2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co número de autos 596/15 a favor da parte executante, Celso Franco Pérez, fronte a Rafael Saenz de Heredia Area, parte executada, por importe de 1.308,67 euros de principal e de 130,86 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Declarar o executado Rafael Saenz de Heredia Area en situación de insolvencia por importe de 1.308,67 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rafael Saenz de Heredia Area, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Pontevedra, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza