Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22408

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (79/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Júnior Félix del Rosario Vásquez contra Roberto Nogueira González, sobre despedimento, foron ditadas as resolucións en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada en data 22.3.2016 no procedemento de despedimento seguido ante este xulgado co número de autos 557/15 a favor do executante Junior Félix del Rosario Vásquez contra Roberto Nogueira González, parte executada.

Despois de presentar o traballador Junior Félix del Rosario Vásquez demanda exixindo o cumprimento polo empresario Roberto Nogueira González da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 13.5.2016, de conformidade ao art. 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 14.7.2016 ás 9.45 horas para a celebración da comparecencia.

Se non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, unha vez que a indagación patrimonial obtida é idéntica á de que se dispuxo no procedemento principal para citar o executado ao acto de xuízo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Roberto Nogueira González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza