Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (484/2009).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 484/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Luis Tubío Filgueira contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Ral Técnica para Laboratorio, S.A., sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Ángel Luis Tubío Filgueira, asistido polo letrado José Ignacio Lorenzo Rubí, contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada Victoria Regueira Rodríguez, e contra a entidade Ral Técnica para Laboratorios, S.A., en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de incapacidade permanente total ascende a 2.201,72 euros, fixando a prestación conforme a dita base reguladora, e condeno os demandados a se ateren á dita declaración e a que, con efectos do 3 de setembro de 2008, aboen a prestación correcta na contía e forma regulamentaria, cos aumentos, melloras e revalorizacións que correspondan. O INSS deberá anticipar as ditas prestacións co límite do artigo 126.3 da Lei xeral da seguridade social (LXSS). Todo isto sen prexuízo da responsabilidade proporcional de Ral Técnica para Laboratorios, S.A., correspondente ao incumprimento en materia de cotización, e con responsabilidade subsidiaria da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en canto ás cotizacións.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ral Técnica para Laboratorio, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza