Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22404

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

EDICTO (667/2014).

Fernando Vázquez Boyero, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, polo presente anuncio

No presente procedemento de xuízo ordinario nº 667/14 seguido por instancia de José Bereijo Pita fronte a María Graña Sequeiro, Margarita Graña Graña, Manuela Eulalia Rodríguez Díez, María Sixto e Josefa Rodríguez ditouse sentenza o 26 de novembro de 2015, pola cal se desestima a demanda presentada. Fáiselles saber ás partes que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderán interpoñer mediante escrito presentado ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación. Advírtese á parte que desexe interpoñer recurso que deberá constituír un depósito de 50 euros na conta do xulgado (salvo que goce de xustiza gratuíta) baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, non se lle dará trámite ao recurso.

E encontrándose as demandadas, María Sixto e Josefa Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estas.

Ferrol, 17 de decembro de 2015

O secretario xudicial