Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22402

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (109/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 109/2016 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra José María Alvariño González, Industrias Generoso Santalla, S.L., administración concursal de Industrias Generoso Santalla, sobre despedimento disciplinario, foi ditada na data do 16.5.2016 a seguinte resolución:

«O anterior escrito presentado na data 13.5.2016, subscrito polo avogado do Estado, en nome e representación do Fogasa. Únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, e acreditando a representación da parte se non constar previamente nas actuacións.

Emprácese Industrias Xeneroso Santalla, S.L. por medio do Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Ferrol que a resolución desa sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Industrias Generoso Santalla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza