Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22042

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (2795/2015-MJC-A).

Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2795/2015 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Sergas, Mouro, S.A. e José Villar Pérez, sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«A Sala acorda:

Estimar a solicitude de José Villar Pérez de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data do 29 de abril de 2016 no senso que se indica a seguir:

Na parte dispositiva da sentenza ditada por esta sala, onde di: “Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios de letrado do demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 €). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a entidade demandada-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso. Darase aos depósitos constituídos o destino legal correspondente”.

Debe dicir: “Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios de letrado do demandado e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 €). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a entidade demandante-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso. Darase aos depósitos constituídos o destino legal correspondente”.

Acordo incorporar esta resolución ao libro de sentenzas e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra este auto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, se for o caso, cabería contra a resolución aclarada.

Así o acordan, mandan e asinan por este auto os maxistrados e maxistradas indicados á marxe. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza, M. Socorro Bazarra Varela».

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mouro, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do tribunal, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza