Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22044

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (260/2011).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidade de Propietarios do edificio sito na rúa Río Miño 18 de Cariño fronte a Aluminios Boado, S.L., Felipe Picos Brague, Romalde, S.L., F. Javier Montenegro Fernández, Paulino López Beceiro, J. Luis Sanchís López, María de los Desamparados Garceda Serrano, J. Manuel Villar Fraga, Rocío Rabido González, J. Manuel Pérez Piñón, ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 3 de setembro de 2014.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Ortigueira, vistos os autos do xuízo ordinario 260/2011 iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora Sra. Borrás Vigo en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio situado no número 18 da rúa Río Miño da localidade de Cariño, baixo a dirección letrada de Salvador Fernández Franco contra Felipe Picos Brage, defendido por José David Lorenzo Rapa e representado por Ana Isabel Fernández Álvarez, Rolmade, S.L. defendida por María Isabel Barcón Montero e representada por Ana Isabel Fernández Álvarez, Francisco Javier Montenegro Bernáldez, defendido por Beatriz Rubín Barrenechea e representado pola Sra. Pena Blanco, Paulino López Beceiro, defendido por Ana Fernández Berini e representado polo señor Pérez Sanmartín, Juan Luis Sanchís López, defendido por Manuel Ramonde Lago e representado pola señora Fernández Álvarez, María Desamparados Garceda Serranos, en rebeldía procesual, Rocío Rubido González e José Manuel Pérez Piñón, defendidos por José Llompart Vizoso e representados pola Sra. Pena Blanco, José Manuel Villar Fraga, en rebeldía procesual e Aluminios Boado, tamén en rebeldía, procedín a ditar a seguinte os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Borrás Vigo, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio situado no número 18 da rúa Río Miño da localidade de Cariño, baixo a dirección letrada de Salvador Fernández Franco contra Felipe Picos Brage, defendido por José David Lorenzo Rapa e representado por Ana Isabel Fernández Álvarez e a entidade Rolmade, S.L, defendido por María Isabel Barcón Montero e representado por Ana Isabel Fernández Álvarez.

En consecuencia, que debo condenar e condeno a Felipe Picos Brage e á entidade Rolmade S.L. a asumir, solidariamente, o custo das obras que sexan necesarias para legalizar as prazas de garaxe e rochos do edificio. Todo iso coas matizacións contidas no fundamento xurídico oitavo da presente resolución e tendo en conta as consideracións contidas no noveno.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Borrás Vigo en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio situado no número 18 da rúa Río Miño da localidade de Cariño, baixo a dirección letrada de Salvador Fernández Franco contra Francisco Javier Montenegro Bernáldez, defendido por Beatriz Rubín Barrenechea e representado pola Sra. Pena Blanco, Paulino López Beceiro, defendido por Ana Fernández Berini e representado polo señor Pérez Sanmartín, Juan Luis Sanchís López, defendido por Manuel Ramonde Lago e representado pola señora Fernández Álvarez, María Desamparados Garceda Serranos, en rebeldía procesual, Rocío Rubido González e José Manuel Pérez Piñón, defendidos por José Llompart Vizoso e representados pola Sra. Pena Blanco, José Manuel Villar Fraga, en rebeldía procesual e Aluminios Boado, tamén en rebeldía.

En canto ás custas procesuais, ao ser parcial a estimación da demanda contra Felipe Picos Brage e a entidade Rolmade, S.L. o demandante e estes dous demandados deberán aboar, cada unha deles, as causadas pola súa instancia e ás comúns por metade.

En canto ao resto de codemandados, ao terse desestimado a pretensión dirixida contra eles, será a comunidade de propietarios demandante a que deberá satisfacer as custas que orixinase a súa intervención.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, pois contra ela cabe a interposición de recurso de apelación, o cal será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira».

E encontrándose os demandados, Aluminios Boado, S.L., María de los Desamparados Garceda Serrano, J. Manuel Villar Fraga, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ortigueira, 9 de marzo de 2016

A secretaria xudicial