Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1159/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1159/2012 por instancia de María Ferrant Rojo contra as empresas Sermasa, Alliart Engineering, S.L. e a administración concursal (desistidas), sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza o 6.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda interposta por María Ferrant Rojo fronte a Alliart Engineering, S.L. (desistido) e o seu administrador concursal (desistido), Servicios y Materiales, S.A. (Sermasa) e o Concello da Coruña e, en consecuencia, condénase o Concello da Coruña e a empresa Servicios y Materiales, S.L. a aboar solidariamente á demandante a cantidade de dezaseis mil cincocentos quince euros con nove céntimos de euro (16.515,09 euros) brutos correspondentes ás mensualidades comprendidas entre xuño e decembro de 2012, ambas incluídas, así como as pagas extraordinarias de xullo e decembro tamén de 2012, así como a cantidade de trescentos cincuenta euros con cincuenta e cinco céntimos de euros (350,55 euros), cantidades que devindican os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alliart Engineering, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de maio de 2016

A secretaria xudicial