Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (474/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 474/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Clara Sousa Corzón contra Frutvila, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 474/2013

Demandante: María Clara Sousa Corzón

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís

Demandada: Frutvila, S.L. e Fogasa

(Sentenza 198/2016)

A Coruña, 10 de maio de 2016

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por María Clara Sousa Corzón contra Frutvila, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 5.987,66 euros en concepto de salarios debidos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Frutvila, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza