Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 3 de xuño de 2016 Páx. 22040

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4092/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4092/2014 desta sección, seguido por instancia de Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U. e Decoraciones, Instalaciones y Construcciones Madrid, S.L. contra Hidrofreixa, S.L., Dicsa Electricidad, S.L., Portolys, S.L., Planin, S.L., JRU, S.L., Monserrat Mira González, sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 10 de marzo de 2016, a seguinte resolución:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Manuel Lobato Iglesias, en nome e representación de Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L., contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 18 de febreiro de 2015, no recurso de suplicación 4326/2014, interposto por Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L., contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, do 9 de xuño de 2014, no procedemento 948/2013 seguido por instancia de Rebeca Martínez Otero contra Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra Rodríguez, Tórculo Artes Gráficas, S.A., Unidixital, S.L., Campus na Nube, S.L., Randstad Empleo ETT, S.A. e Fogasa, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas a estas e perda dos depósitos constituídos para interpor recurso, e dáselles, de ser o caso, ás consignacións e aos aseguramentos prestados o destino que corresponda.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza