Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1163/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1163/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rubén Márquez Valle e Simón Márquez Valle contra a empresa Electro Sanxurxo, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

Sentenza.

Na cidade da Coruña o cinco de maio de dous mil dezaseis.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1163/2013 en que son parte, dunha banda como demandantes Rubén Márquez Valle e Simón Márquez Valle representados pola letrada Lidia Vázquez Méndez, e como demandada Electro Sanxurxo, S.L. e Fogasa que non comparecen malia estaren citados en legal forma, sobre procedemento ordinario, pronunciou no nome do rei a seguinte sentenza.

Decido.

Que, estimando a demanda interposta por Rubén Márquez Valle e Simón Márquez Valle, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Electro Sanxurxo, S.L.L. a que lles aboe aos demandantes 4.408,83 euros a favor de Rubén e 3.388,68 euros a favor de Simón.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberán anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para unir aos autos. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Electro Sanxurxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza