Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (162/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 162/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Tojeiro López contra Rufei Sun y otro, S.C. sobre despedimento, se ditou a Sentenza 96/2016 do 4 de maio de 2016, cuxa decisión é do contido literal seguinte:

«Decido.

Que estimando integramente a demanda interposta por Saúl Tojeiro López contra Rufei Sun y otro, S.C., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 31 de xaneiro de 2016, e debo condenar e condeno a Rufei Sun y otro, S.C. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectividade do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 41,03 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 1.692,07 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este prazo sen que o empresario opte entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Rufei Sun y otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza