Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21704

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (39/2014).

Laura Chouciño Carril, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de RCI Banco, S.A., representado pola procuradora Sra. Buño Vázquez, fronte a Venancio Rancaño Álvarez e Liz Paola Benítez, declarados en rebeldía procesual, ditouse sentenza no procedemento ordinario 39/2014 do teor literal seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais, Narcisa Buño Vázquez, en nome e representación de RCI Banque, S.A., sucursal en España, e debo condenar e condeno solidariamente a Venancio Rancaño Álvarez e Liz Paola Benítez a pagar a cantidade de 8.379,16 euros.

Cada parte aboará as custas procesuais e as comúns por metade».

E encontrándose os demandados, Venancio Rancaño Álvarez e Liz Paola Benítez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Carballo, 28 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza