Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 2 de xuño de 2016 Páx. 21702

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4435/15-RCUD 107/16-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4435/2015

Xulgado de orixe/autos: despido/cesamentos en xeral 269/2015, Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: Jaime Carlos Moinelo Caneda, administración concursal Unitec Técnicas Unidas (Ayse Lucus), Unitec Técnicas Unidas, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4435/2015-RCUD 107/16-S desta sala, seguido por instancia do Fogasa contra Jaime Carlos Moinelo Caneda, administración concursal Unitec Técnicas Unidas (Ayse Lucus), Unitec Técnicas Unidas, S.L., sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Asunción Barrio Calle.

Na Coruña o 10 de maio de 2016.

Os anteriores escritos presentados polo letrado habilitado da Avogacía do Estado en representación do Fogasa únanse ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes (e a empresa Unitec a través do DOG) para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, acheguen copias do devandito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Únanse á peza separada de RUD as certificacións de sentenzas de contradición que achega no seu escrito.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Unitec Técnicas Unidas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza