Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21122

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (499/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 499/2016 desta sección, seguido por instancia de Ángela Vidal García sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da empresa Ángela Vidal García contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, con data do 4 de maio de 2015, ditada en autos 733/2014, promovidos pola traballadora María Belén Umbón Míguez, en reclamación por despedimento, revogámola no particular relativo á condena á dita empresa recorrente, de modo que se debe desestimar a demanda e absolver a dita recorrente das pretensións exercidas fronte a ela. Mantéñense os demais pronunciamentos condenatorios do ditame da resolución impugnada exclusivamente fronte á codemandada Lidia Fernández Pita, coa responsabilidade subsidiaria do tamén demandado Fogasa, nos termos legalmente establecidos. Déase o destino legal aos depósitos e consignacións constituídos para recorrer. Sen custas.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lidia Fernández Pita, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza