Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21120

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1613/2015).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 1613/2015

Xulgado de orixe/autos: impugnación de actos da Administración 691/2012, Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Consellería de Facenda

Avogado/a: letrado da Comunidade

Recorridos: Rosa María Oliveira Rey, Isaura López Terceiro

Avogada: Laura Otero Rodríguez

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1613/2015 seguido por instancia de Rosa Oliveira Rey contra a Consellería de Facenda e Isaura López Terceiro, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou no día da data a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Xunta de Galicia, na representación que desempeña da Cosellería de Facenda de la Xunta de Galicia, contra a sentenza do cinco de decembro de dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, en autos seguidos por instancia de Rosa María Olveira Rey fronte á recorrente, sobre outros dereitos laborais, debemos de confirmar e confirmamos a resolución impuganda, impoñendo á recorrente as custas do recurso, que inclúen a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros), en concepto de honorarios da letrada impugnante do recurso.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Isaura López Terceiro, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Borgullón, 42, 1º B, de Pontevedra, advertíndoo que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou trátese de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 28 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza