Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21118

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 19 de maio de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 25 de xaneiro de 2016.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a Orde do 25 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 71, do 14 de abril), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 25 de xaneiro de 2016.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles senón indica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Mª del Carmen Victoria Brión Rey.

NRP: 3542426746 A2059.

Grupo/subgrupo: C1/C2.

Corpo/escala: corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

Denominación: secretario/a do/da conselleiro/a.

Código do posto: IN.C01.00.000.15770.002.

Nivel: 20.

Dependencia: Gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.