Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21124

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (82/2014).

Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 27 de xullo de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 285/2015

Audiencia Provincial, Sección Quinta, A Coruña.

Peza: 82/2014.

Procedemento de orixe: xuízo ordinario número 1/2009.

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 4 da Coruña.

Deliberación o día: 11 de febreiro de 2015.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza nº 285/2015.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Dámaso Manuel Brañas Santa María, Juan Cámara Ruiz.

Na Coruña o vinte e sete de xullo de dous mil quince.

No recurso de apelación civil número 82/2014, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña, en xuízo ordinario número 1/2009, sobre nulidade de partición de herdanza, seguido entre partes, como apelante: Jesusa Bello Fuentes, representada polo/a procurador/a Sr./a. Pérez Lizarriturri, e como apelados, Jesús Bello Fuentes e Mercedes Blanca Dubra Bello, representados polo/a procurador/a Sr./a. Gómez-Portales González; como partes declaradas en rebeldía: Jesusa, Ricardo e Elisa Bello Fuentes, Ricardo Amado Bello, Francisco Bello Juncal e herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Bello Juncal. É relator Juan Cámara Ruiz.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto por Rafael Pérez Lizarriturri, en representación de Jesusa Bello Fuentes, contra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña, do 3 de xaneiro de 2013 (xuízo ordinario número 1/2009-S), debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución.

Ademais, en canto ás custas causadas na apelación, estas deben impoñerse á parte recorrente.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Bello Juncal, José Dubra Bello, Jesús Dubra Bello, José Antonio Dubra Bello, María Esther Bello Fuentes, Francisco Bello Fuentes, herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Bello Fuentes, Ricardo Bello Fuentes e Ricardo Amado Bello, expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 8 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza