Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21126

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (90/2015).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, fago saber que no procedemento arriba referenciado se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza

Na cidade de Ourense o 16 de marzo de 2016.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario 90/2015 seguidos perante este xulgado por instancia da procuradora Sonia Ogando Vázquez, quen actúa en representación de Vicente Fernández García, asistido do letrado Jordi Cinca Pasquet, contra Promociones Huidoba, S.L., en situación de rebeldía. Versan estes autos sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Sonia Ogando Vázquez, en representación de Vicente Fernández García, contra Promociones Huidoba, S.L., condeno a dita demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 7.630 € e, en concepto de indemnización por mora, o xuro legal da dita cantidade desde a data da demanda e ata a data da sentenza, a partir da cal o xuro aplicable será o previsto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC). As custas impóñenselle á parte demandada.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación perante este mesmo xulgado e na forma indicada no artigo 458 da LAC.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC en relación co artigo 161 da mesma lei, expido este edicto para que sirva de notificación a Promociones Huidoba, S.L.

Ourense, 25 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza