Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 1 de xuño de 2016 Páx. 21127

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (256/2012).

Eu, Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase a Fausto Manuel dos Santos Delgado e a Guida Isabel de Almeida Rocha a sentenza ditada, en cuxo encabezamento e resolución figuran os seguintes datos.

«Sentenza.

Lalín, 20 de febreiro de 2014

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario nº 256/2012, por instancia do procurador Sr. Nistal Riádigos, en nome e representación de Lindorff Holding Spain, S.L.U., defendido polo letrado Sr. del Río Varela, contra Fausto Manuel dos Santos Delgado e Guida Isabel de Almeida Rocha, en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Resolución, en que se fai constar:

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma e advírtase de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que non será admitido a trámite se a parte interesada non acredita que constituíu o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e quen teña recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese esta resolución ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño dela aos autos principais

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza pronunciouna e publicouna o xuíz que a ditou, en audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe.

Lalín, 10 de novembro de 2014

A secretaria xudicial