Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1085/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1085/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Elisa Pazos Varela contra a empresa Restaurante Mou Salsa Roja, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 31 de marzo de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1085/2013 sendo parte neste, dun lado como demandante María Elisa Pazos Varela, representada pola letrada María José Ares Carro nº de colexiada 3135 e como demandados Restaurante Mou Salsa Roja, S.L. e Fogasa non comparecen malia estaren citados en legal forma sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome del rey, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta pola actora María Elisa Pazos Varela, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno á empresa Restaurante Mou Salsa Roja, S.L. a que aboe á actora a cantidade de 1.682 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o aboamento dos xuros do 10 % por demora respecto da cantidade salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Mou Salsa Roja, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza