Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (651/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 651/2013 por instancia de Luis Veira Varela contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Golán Almacenes de Construcción, S.L., sobre grande invalidez, nos cales recaeu sentenza, con data do 4 de maio de 2016, que copiada nos particulares necesarios di así:

Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Luis Veira Varela contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Golán Almacenes de Construcción, S.L., e en consecuencia:

Declárase a Luis Veira Varela en situación de grande invalidez.

Condénase a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a que recoñeza e lle aboe ao demandante o complemento de grande invalidez por importe de 592,33 euros con efectos desde o 7 de marzo de 2013.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Golán Almacenes de Construcción, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de maio de 2016

A secretaria xudicial