Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (583/2015).

En virtude do acordado nos autos de referencia, por este edicto notifícaselle a Paula Andrea Parra Loaiza a sentenza recaída en autos do 26 de abril de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte.

Resolvo:

Acórdase o divorcio, coa conseguinte disolución do vínculo matrimonial entre Rafael Caruncho López e Paula Andrea Parra Loaiza, e a cesación da presunción de convivencia conxugal, así como as demais obrigacións legais entre os cónxuxes, e en consecuencia:

1. Quedan revogados os apoderamentos ou mandatos que puideren existir entre os cónxuxes;

2. Queda disolta a sociedade legal de gananciais que tiñan constituída os esposos e débese proceder á súa liquidación polos trámites correspondentes no oportuno proceso.

Todo isto sen expreso pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Expídase oficio ao Rexistro Civil para que se faga constar o efecto desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño aos autos da súa razón, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ferrol, 3 de maio de 2016

José Miguel Regueiro Pérez
Letrado da Administración de xustiza