Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20914

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (1094/2012 B).

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente edicto, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario seguido por instancia de María Luisa Ares Ares, María Beatriz Sánchez Ares fronte a Arcolar, S.L., Inmobiliaria Masar, S.L. Masar, S.L., Inmuebles Gómez, S.L. se ditou sentenza, do 20 de abril de 2015.

Encontrándose o demandado Inmuebles Gómez, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma e fáiselle saber ao interesado que se poderán dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación.

A Coruña, 16 de abril de 2015.

A secretaria xudicial.

Encontrándose o dito demandado, Inmuebles Gómez, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza