Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 31 de maio de 2016 Páx. 20912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (643/2016).

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 643/2016 desta sección, seguidos por instancia de Fogasa contra Fabiola Gómez Brandao e Grupo Barroso Direct, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, con data do 1 de outubro de 2015, en autos seguidos por instancia da demandante Fabiola Gómez Brandao, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita sentenza, con imposición ao organismo recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Barroso Direct, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza