Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (266/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 266/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Aznar Tabares contra o Fondo de Garantía Salarial, Juan Carlos Aldao Martínez, sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Aznar Tabares contra o empresario individual Juan Carlos Aldao Martínez e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Juan Carlos Aldao Martínez a que aboe ao demandante a cantidade de 4.424,01 euros brutos, por salarios devindicados entre abril e xuño de 2014, complemento de longa distancia de seis meses, e a compensación económica polas vacacións non gozadas, durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 232,21 euros por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de garantía salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado do social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma ao empresario individual Juan Carlos Aldao Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza