Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (226/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 226/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones José Carro, S.A., sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, ditouse a sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción, fronte á entidade Construcciones José Carro, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones José Carro, S.A. a que aboe á demandante a cantidade de 718,98 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso. Así por esta a miña sentenza, pronúnciaa, mándaa e asínaa a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza