Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (479/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 479/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lobelos Canosa contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 1.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 150/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 479/2015.

Demandante: María Lobelos Canosa.

Letrado: Nazario Diz García.

Demandada: Talleres Fernández Coruña, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 150/2016.

A Coruña, 30 de marzo de 2016.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Lobelos Canosa fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se opte, entenderase que procede a readmisión.

2º. As indemnizacións que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son as seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 5.721,13 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 15,87 €/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza