Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (612/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 612/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Sal Castedo contra Transportes Núñez Sayar, S.L., administración concursal Transportes Núñez Sayar, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

Sentenza: 124/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 612/2015

Demandante: Agustín Sal Castedo

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Transportes Núñez Sayar, S.L., administración concursal de Transportes Núñez Sayar, S.L. e Fogasa

Sentenza 124/2016.

A Coruña, 30 de marzo de 2016.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Agustín Sal Castedo contra Transportes Núñez Sayar, S.L., que deu lugar á tramitación do procedemento 1239/2015 do Xulgado do Social número 5 da Coruña e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do 19 de agosto de 2015 e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

–En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 37.124,57 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 52,51 euros/día.

3º. Tense por desistido Agustín Sal Castedo da demanda por despedimento formulada contra Transportes Núñez Sayar, S.L. e que deu lugar á tramitación do procedemento 612/2015 do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

4º. O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberanse ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Núñez Sayar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza