Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20488

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (182/2015).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de Xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que no presente procedemento de divorcio 182/2015 se ditou a sentenza do teor literal seguinte:

Sentenza 771.

Vigo, once de decembro de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 182/2015 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Aranzazu Amatriain Urchaga, representada pola procuradora dos tribunais Carolina Riobó Pérez e con asistencia letrada de María Teresa Rodríguez Bermúdez, contra Joaquín Bures Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Carolina Riobó Pérez, en nome e representación de Aranzazu Amatriain Urchaga, contra Joaquín Bures Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúeselle á Sra. Amatriain Urchaga, e a patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Burés Martínez poderá relacionarse e ter na súa compañía os seus fillos nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. O Sr. Burés Martínez aboará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 500 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A dita cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Cuarto. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios dos menores, entre eles os médicos non cubertos pola Seguridade Social, e non se considerarán gastos extraordinarios os libros de texto, material escolar, uniformes, matrícula, comedor ou transporte escolar nin as actividades extraescolares.

Sexto. O uso da vivenda e enxoval familiar atribúeselle ao Sr. Burés, que se fará cargo da amortización do crédito hipotecario que a grava.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste de notificación a Joaquín Burés Martínez, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 4 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza