Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20486

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (3599/2015 MRA).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3599/2015 desta sección, seguido por instancia de Elisa Meira Lameiro contra María del Carmen Fernández Rey, Eugenio Moure Meira, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que, desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Elisa Meira Lameiro contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, do 5 de setembro de 2014, nos autos 476/2013, sobre cantidades, que se confirma.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do TSX de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do tribunal, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Eugenio Moure Meira, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do tribunal, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza