Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1240/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1240/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Virginia Martínez Voces, Nieves Otero Barreiro, Ana María Marulanda Correa contra a empresa Roelbarin, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza:

Na cidade da Coruña o 27 de abril de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº PO 1240/2013, en que son parte, dun lado como demandantes Virginia Martínez Voces, Nieves Otero Barreiro e Ana María Marulanda Correa, representada a primeira e asistida a segunda polo letrado Francisco Javier Antas Pérez, non comparecendo a terceira demandante a pesar de ser citada en legal forma, e como demandada Roelbarin, S.L., que non comparece a pesar de ser citado en legal forma, sobre salarios, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Fallo:

Que, estimando a demanda interposta por Virginia Martínez Voces e Nieves Otero Barreiro, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Roelbarin, S.L. a que aboe ás demandantes a cantidade de 5.276,40 euros a favor da Sra. Martínez e 2.602,22 euros a favor da Sra. Otero polos conceptos reclamados na demanda.

Tense por desistida a demandante Ana María Marulanda Correa.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Roelbarin, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza