Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19923

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (898/2014).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza nº 742.

En Vigo o 3 de decembro de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 898/2014, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Rossy Albania Báez Hiraldo, representada polo procurador dos tribunais Javier Toucedo Rey e con asistencia letrada de Paula Torres Álvarez, contra Julio Dauris Geraldino González, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo na demanda interposta polo procurador dos tribunais, Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de Rossy Albania Báez Hiraldo, contra Julio Dauris Geraldino González, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á Sra. Báez Hiraldo e a patria potestade é compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Geraldino González poderá estra e desfrutar da compañía da súa filla nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro desta resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para a súa filla, o Sr. Geraldino González aboará a cantidade de 230 euros ao mes que ingresará na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os cales se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e lle sirva de notificación a Julio Dauris Geraldino González, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 3 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza