Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (574/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 574/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Vidal Vilar contra Packaging Coruña, S.L., Several Group e outros sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar, contra a entidade Packaging Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Packaging Coruña, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 704,18 euros brutos, por diferenzas salariais devindicadas nos meses de outubro e novembro de 2014, ambos os dous incluídos, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, e 1.142,05 euros brutos por horas extras realizadas nos mesmos meses, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fátima Vidal Vilar, contra a entidade Several Group e contra Daniel Pazos Fernández, aos cales debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Several Group, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza