Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (555/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 555/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez contra La Farándula Hosteleros, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Patricia Fabiana Cabrera Rodríguez contra a entidade La Farándula Hosteleros, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade La Farándula Hosteleros, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.159,16 euros brutos, por salarios devindicados entre o 23 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2015, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, dos cales deberán ser descontados os 120 euros líquidos xa percibidos, incrementados no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e con imposición dunha multa de 150 euros pola súa falta de comparecencia ante o SMAC, e o aboamento dos honorarios da letrada que asistiu a demandante ata o límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa La Farándula Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza