Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 24 de maio de 2016 Páx. 19929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (396/2015).

PO. Procedemento ordinario 396/2015

Procedemento orixe sobre ordinario

Demandante: Mónica Luna Hermida

Avogada: Elvira Couso Suárez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Limpieza Veteris, S.L.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 396/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Luna Hermida contra Fondo de Garantía Salarial e Limpieza Veteris, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Estimando a demanda interposta por Mónica Luna Hermida contra Limpiezas Veteris, S.L., condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandada a cantidade de 3.599,38 euros máis o 10 % de xuro por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal do Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións” con número 5081, e especificar a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no el momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza