Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1173/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1173/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Caramés Rey contra a empresa Doble Imagen, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Adelaida Egurbide Margañón.

Na Coruña, 27 de abril de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 18 de decembro de 2015 presentouse demanda, interposta por Ana María Caramés Rey contra Doble Imagen, S.L. e Fogasa, que foi repartida a este órgano xudicial e respecto da cal se sinalara data para a celebración dos actos de conciliación e xuízo o vindeiro día 12 de maio de 2016.

Segundo. As partes manifestaron ao xulgado a súa intención de chegar a un acordo para que sexa documentado en acto de conciliación xudicial, ao abeiro do disposto no artigo 84 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), e cos efectos contidos nel.

Terceiro. Nesta data compareceron as partes debidamente identificadas na acta de conciliación precedente, e ante este órgano manifestáronse os termos do acordo de conciliación no sentido que quedou na propia acta que a continuación se reproduce:

Acta de conciliación

Na Coruña, 27 de abril de 2016

Sendo o día da data, ante min, a letrada da Administración de xustiza, María Adelaida Egurbide Margañón, para os efectos de celebrar o acto de conciliación, tendo sido citados, comparecen:

Como demandante:

Ana María Caramés Rey, con DNI 32761863L, asistida polo letrado Francisco Javier Antas Pérez.

Como demandados:

Doble Imagen, S.L. Comparece o administrador concursal Juan Eugenio Hernández Escobar, con DNI 32795864A, en virtude de certificación expedida polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, cuxa copia se une ás actuacións.

Fogasa non comparece.

Aberto o acto de conciliación, a letrada da Administración de xustiza advertiu as partes dos dereitos e obrigacións que lles poderían corresponder e exhortounas para que se puxesen de acordo e amañasen amigablemente as súas diferenzas, o que se conseguiu nos seguintes termos:

A parte demandante manifesta que actualmente a débeda salarial é a seguinte: salarios de agosto, setembro, outubro e novembro de 2015, a razón de 1.116,36 euros brutos cada mes; 22 días de decembro de 2015: 1.083,16 euros; extra decembro 2015: 1.016,80 euros; parte proporcional paga marzo 2016: 930,30 euros; parte proporcional paga xullo 2016: 800,10 euros; parte proporcional paga decembro 2016: 288,93 euros e parte proporcional de vacacións: 271,15 euros, o que totaliza un importe de 8.855,88 euros.

A parte demandada recoñece as cantidades referidas, que serán aboadas conforme a orde de prelación da Lei concursal.

Eu, a letrada da Administración de xustiza, aprobo o acordo acadado polas partes por entender que o convido entre elas non é constitutivo de lesión grave para ningunha delas, nin para terceiro, nin constitúe fraude de lei ou abuso de dereito, nin é contrario ao interese público, polo que procede aprobar o acordo.

Fágolles saber ás partes que a acción para impugnar a validez desta conciliación se deberá exercer, de ser o caso, ante este mesmo xulgado polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data desta, ao abeiro do que dispón o artigo 84.6 da mesma LXS.

De todo o cal, expídese a presente acta que, en proba de conformidade, asinan os comparecentes comigo, a letrada da Administración de xustiza. Dou fe».

«Parte dispositiva

Acordo: apróbase a conciliación acadada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese esta resolución e fágaselles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados, o prazo contará desde que poidan ter coñecido o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderase fundamentar en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución non cabe interpor ningún recurso (artigo 186.4 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Doble Imagen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza