Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19792

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (660/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 660/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Virginia Soledad Martínez Gutiérrez contra Cervecería Dominó, C.B. e María Sol Argerey Ríos sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Virginia Soledad Martínez Gutiérrez, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra María Sol Argerey Ríos e Cervecería Dominó Comunidad de Bienes, ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia:

– Declaro improcedente o despedimento con efectos desde o 1 de agosto de 2015.

– Condeno solidariamente a ambas as demandadas a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución opten, comunicándollo a este xulgado por escrito ou en comparecencia, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 1 de agosto de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 32,93 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 181,12 euros e advírtaselles que de non optar pola indemnización ou a readmisión se entende que procede a segunda.

– Impóñolles ás demandadas o aboamento solidario das custas procesuais causadas, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, perante este xulgado, recurso de suplicación que será resolto pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para que sirva de notificación en forma a Cervecería Dominó, C.B. e María Sol Argerey Ríos, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 29 de abril de 2016

O secretario xudicial