Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1023/2015).

María Adelaida Egurbide Margañon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1023/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Laura Platas Busto contra a empresa A Esmorga, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguiente resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

A Coruña, 13 de abril de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 27.10.2015 tivo entrada neste tribunal da sala do social, sección 2, demanda presentada por Laura Platas Busto fronte a A Esmorga, S.L. e foron citadas as partes para os actos de conciliación o día 13.4.2016, ás 10.50 horas da mañá.

Segundo. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante que estaba debidamente citado.

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a Laura Platas Busto da súa demanda fronte a A Esmorga, S.L. neste procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 1023/2015.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS».

E, para que sirva de notificación en legal forma a A Esmorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza