Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19785

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (524/2014).

Raquel Fernández Arbesú, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 524/2014 seguido por instancia de Luis Duro Martínez, María Mercedes Losada Viana fronte a Soluciones para la Vivienda, S.A., Javier Canay Piñeiro se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

En Caldas de Reis, 29 de xaneiro de 2016.

Vista por María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis e o seu partido, a presente demanda de xuízo ordinario rexistrada co número 524/2014, formulada pola procuradora dos tribunais Lucía Latorre Búa, en nome e representación de Luis Duro Martínez e María Mercedes Losada Viana, asistidos pola letrada Sra. Tubío Lorenzo, contra a mercantil Soluciones para la Vivienda, S.L. y contra su administrador único Javier Canay Piñeiro, declarados en situación de rebeldía procesual, en exercicio de acción de reclamación de cantidade, declárase.

– Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito

Resolución

Que estimando integramente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais Sra. Latorre Búa, en nome e representación de Luis Duro Martínez e María Mercedes Losada Viana, contra a mercantil Soluciones para la Vivienda, S.L. e contra o seu administrador único Javier Canay Piñeiro, declarados en situación de rebeldía procesual e, na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que os demandados aboen á demandante a cantidade reclamada por importe de dez mil quiñentos doce euros con noventa e seis céntimos (10.512,96 euros), cos xuros legais previstos no fundamento xurídico segundo in fine da presente resolución, todo iso con expresa imposición das custas deste procedemento á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que deberá prepararse ante este xulgado, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación».

E, encontrándose este demandado, Soluciones para la Vivienda, S.A., Javier Canay Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin que sirva de notificación en forma.

Caldas de Reis, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial